Escoitar

Aberto o prazo de inscrición para as XX Xornadas de Filosofía

Ata o 3 de outubro está aberto o prazo de matrícula para asistir ás XX Xornadas de Filosofía que se celebrarán os días 4,5 e 6 de outubro no Auditorio Municipal. Esta edición versará sobre "O Universo: física e filosofía"

martes, 27 set 2011
1317126056cartelfilosofia.jpg.jpg
1.- As Xornadas de Filosofía son abertas ao público en xeral, se ben son de interese para profesorado universitario e de ensino secundario.

2.- A inscrición é gratuíta.

3.- A inscrición nas Xornadas de Filosofía pode realizarse previamente enviando os datos persoais, por correo electrónico (xornadasaletheia@yahoo.es) ou mediante fax ao número 986-292816 ata o 3 de outubro. Facilitaranse os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono. Tamén se poderá realizar a inscrición no momento mesmo da apertura das xornadas (se houbese prazas dispoñibles).

5.- O prazo de matrícula está aberto ata o día 3 de otubro e a confirmación da inscrición realizarase por correo electrónico.

7.- Outorgaráselles un diploma de asistencia ás persoas asistentes que teñan xustificada unha presenza mínima do 60% do programa. O control da asistencia implica que cada asistente asinará a súa presenza ao comezo de cada sesión na lista que habilitará a organización no local das Xornadas.

8.- Ao profesorado recoñeceráselle 12 (doce) créditos pola asistencia ás xornadas, recoñecidos pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes

Máis información