Escoitar

O alcalde inicia coa Asociación da Miñoca unha rolda de contactos con cada entidade veciñal

Abel Caballero reuníuse este mércores cos representantes da Asociación Veciñal da Miñoca, onde asinaron un convenio de colaboración polo que o goberno local achega 4,600 euros para sufragar os gastos do aluguer do seu local. Ante as peticións cursadas polas entidades, o alcalde avanzou que manterá reunións coas Asociacións de Veciños de manera individual, ao estar máis próximas á cidadanía.

mércores, 14 set 2011
1316005230convenio.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, iniciou este mércores coa Asociación da Miñoca unha rolda de contactos individualizada cos representantes veciñais da cidade.

Abel Caballero apuntou que ten bastantes solicitudes de entrevista e comezará a atenderlas para escoitar as súas demandas e estudar o plantexamento a levar adiante con cada asociación de xeito individual, ao estar máis próximas á cidadanía.

Xunto ao concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, o alcalde rubricou coa Asociación de Veciños da Miñoca un convenio de colaboración polo que o goberno que preside destina 4.600 euros para sufragar o aluguer do local no que desenvolven a súa actividade.

Trátase dunha Asociación cun elevado número de afiliados e dunha zona, a Miñoca, cunha alta densidade de poboación. Ante esta cuestión, Caballero explicou que o Concello abordará a posibilidade de ter un edificio propio para a entidade cando mellore a situación económica, pero namentres sufragará o aluguer.
Descargar todas as imaxes