Escoitar

O alcalde esixe do Goberno de España que manteña as achegas económicas a Conxemar

Tras unha reunión cos resposables de Conxemar, Caballero denunciou que o Goberno central rebaixou de 200.000 a 60.000 euros a achega para a "gran feira do mar do outono no mundo"e anunciou que o Concello dará apoio financeiro á feira porque "xera unha actividade económica da maior importancia para Vigo, para Galicia e para España; que significa o mantemento dun liderado mariño moi importante por parte de Vigo e de España".

luns, 12 set 2011
1315833573conxemar.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu do Goberno de España o mantemento das achegas económicas á feira de Conxemar, a "gran feira do mar do outono no mundo".

Representes de Conxemar, reunidos co alcalde, trasmitironlle a súa "preocupación" pola decisión da establecer en Barcelona unha feira derivada da Seafood que se celebraba en Bruxelas, que coincide prácticamente no tempo con Conxemar.

Hai un mes, Abel Caballero remitiu á Secretaria Xeral do Mar un escrito pedindo o "restablecemento das achegas" que tradicionalmente o Ministerio adicaba a Conxemar, sobre 200.000 euros, cifra que recortouse ata os 60.000 euros.

Trátase dunha "moi mala decisión do Goberno de España que rechazo", apuntou o alcalde, porque Conxemar é a "gran feira do mar do outono no mundo" e require do mantemento das axudas ao xerar "unha actividade económica da maior importancia para Vigo, para Galicia e para España; que significa o mantemento dun liderado mariño moi importante por parte de Vigo e de España". "Quero recoñecer" asemade que a Xunta mantivera os apoios a Conxemar, abondou.

O alcalde ve "moi negativo para a economia deste país que desde Barcelona, e con axudas públicas, se intente competir con Conxemar", porque "non ten sentido" e é "competencia desleal". Caballero avanzou que dará "toda a axuda que Conxemar precise para manter a súa posición" e "non vou tolerar competencias desleais". "Conxemar é unha gran feira mundial" que contará co respaldo económico do Concello se así o precisa.

Descargar todas as imaxes