Escoitar

O equipo da Policía Local de Vigo conseguiu cinco metais nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros

Na cuarta participación do colectivo neste evento, a formación viguesa da Policía Local sumou medallas en 400 metros lisos, lanzamento de xavelina, salto de lonxitude, triple salto e tiro. Tras Barcelona 2003, Adelaida 2007 e Vancouver 2009, os vigueses acudiron este ano desde o 26 de agosto ao 5 de setembro a Nova York para competir nos Xogos Mundiais.

venres, 9 set 2011
1315571469juegospolicias.jpg
Por cuarta vez, a Policia Local de Vigo acudiu aos Mundiais de Policías e Bombeiros que se desenvolveron entre os días 26 de agosto e 5 de setembro na cidade de Nova York, dando continuidade con iso ás participacións de Barcelona 2003, Adelaida 2007 e Vancouver 2009.

Cun equipo no que se botaban en falta ausencias destacables, que non puideron acudir aos xogos por motivos persoais, como as de Antonio Garrido, "Tucho", en ciclismo (medallista en Barcelona e Adelaida); Roberto "Caroca", en boxeo (medallista en Adelaida) e Javier Alvarez, o noso único participante e dobre medallista de prata en 400 e 800 metros en Vancouver, pero coa mesma ilusión que en anos anteriores, o equipo da Policia Local participou nas disciplinas de Atletismo, Fútbol, Natación, Squash, Tiro,Triatlon e Volei Praia.

Os dous primeiros días de competición suspendéronse pola presenza en Manhattan do furacán Irene, afectando ao participante do triatlon xa que a organización decidiu non celebrar a proba outro día, unha vez pasados os efectos do furacán.

A pesar da caótica organización dos responsables dos distintos eventos deportivos, as competicións fóronse celebrando ao longo da semana posterior ao paso do furacán obtendo a policía local 5 medallas nas seguintes especialidades:

A nosa veterana Concepción Pérez Eiroa consegue unha medalla de bronce nos 400 mts lisos e un 4º posto no 800 mts. Tamén a máis nova do grupo, Tania Fernandez Lemos, consegue unha medalla de bronce en lanzamento de xavelina. O Cabo Alberto Vázquez Alonso é prata en salto de lonxitude e medalla de bronce en triplo salto. O Cabo Manuel Augado Taboada é prata en tiro na modalidade de Pistol Center Fire.

Outros resultados obtidos foron:

O equipo de relevo 4x100 mts composto polos policias Emilio Vigo, Alberto Vazquez, Jose C. Montemuino e Jose Luís Rolo, obtén un 6º posto; posto que repetiría Jose C. Montemuiño na proba dos 100 mts.
Alberto Vazquez, 5º nos 110 mts. valos.
David Calvo Estevez, 6º nos 400 mts.
Josefa Piñeiro, 6ª nos 100 mts.
Moises Calvar Rios, 7º en lanzamento de xavelina.
Pablo Quinteiro, 13º en Volei praia, facendo equipo cun compañeiro de Cataluña xa que o seu compañeiro habitual non puido asistir aos xogos.
Descargar todas as imaxes