Escoitar

O rexedor despide aos 44 efectivos que participan nos XIII Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado do presidente do Celta, Carlos Mouriño, desprazouse hoxe martes ata a Madroa para despedir aos 44 efectivos de Vigo que participan nos XIII edición dos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros. O evento deportivo celébrase en Nueva York entre o 25 de agosto e o 5 de setembro.

martes, 23 ago 2011
1314104431policias.jpg
O rexedor municipal quixo hoxe martes acompañar na súa despedida aos bombeiros e policías que representaran a Vigo na XIII edición dos Xogos Mundiais que se celebran en Nueva York entre o 25 de agosto ao 5 de setembro. Tras darlle ás grazas ao Celta por prover os equipamentos destes "grandes profesionais e deportistas", Caballero indicou que estes 44 efectivos marchan, en primeiro lugar, para participar, pero -matizou- coincidirán na efeméride do 11S, co que terán a oportunidade de compartir un momento moi emotivo cos seus compañeiros de Nueva York. Logo de recordarlles que o terceiro obxectivo da súa viaxe "é traer o máximo de medallas", felicitounos, unha vez máis, pola xestión que fixeron na madrugada do pasado luns, cando a cidade viviu unha situación meteorolóxica moi complicada. Asimesmo, o rexedor avanzou a súa intención de aumentar efectivos e mellorar a capacitación e dotación de material para estes corpos de seguridade.

Pola súa banda, Carlos Mouriño, indicou que é un orgullo para o Celta que policías e bombeiros "luzan a camiseta do Celta e difundan a imaxe do Club polo mundo".
Descargar todas as imaxes