Escoitar

Caballero destaca a coordinación coa que traballan Garda Civil, Policía Local e Nacional

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, subliñou hoxe mércores o grao de coordinación co que actúan na cidade Policía Local, Nacional e Garda Civil. Así o destacou despois dun encontro no que despediu ao tenente coronel da Garda Civil Manuel Javier Novo e lle deu a benvida ao sucesor no cargo, Fernando Pedreira.

mércores, 17 ago 2011
1313588755civil.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou hoxe mércores de "gran cooperación" a que existe entre as forzas de seguridade en Vigo. Así explicou que desmantelamentos como o da trama do cobre foron posibles "grazas a magnífica actuación conxunta de Garda Civil, Policía Local e Nacional". Logo dun encontro no que despediu a Manuel Javier Novo, tenente coronel da Garda Civil e lle deu a benvida ao seu sucesor no cargo, Fernando Pedreira, Caballero avanzou que o obxectivo é que "Vigo siga a ser unha cidade segura e para iso hai que estar vixiantes". Loubou a colaboración entre corpos de seguridade "evitando duplicidades" e subliñou o "bo funcionamento dos servizos de información".

Asimesmo, o rexedor demandou maior dotación de efectivos da Garda Civil para "a primeira cidade de Galicia" xa que entende que a distribución deste Corpo no conxunto do territorio galego non recolle as necesidades de Vigo.
Descargar todas as imaxes