Escoitar

O alcalde prevé ampliar a xuño e setembro o servizo de cadeiras nas praias para discapacitados

Abel Caballero, xunto á tenente de alcalde, Carmela Silva, e á concelleira de Política do Benestar, Isaura Abelairas, visitaron este martes O Vao para presenciar o servizo municipal de cadeiras anfibias que permite aos discapacitados acceder ao baño neste Areal e en Samil en xullo e agosto. O alcalde apuntou que, de cara ao próximo verán, o obxectivo é amplialo para estar dispoñible do 15 de xuño ata o 15 de setembro.

martes, 9 ago 2011
1312892721sillas.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, marcouse hoxe martes o obxectivo de ampliar a xuño e setembro o servizo municipal de cadeiras anfibias que permite aos discapacitados acceder ao baño en Samil e O Vao.

Durante unha visita, na que estivo acompañado pola primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e a concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, o alcalde explicou que os campamentos de verán facilitan o baño a uns 100 discapacitados durante xullo e agosto, sempre atendidos e supervisados por unha docena de monitores.

Caballero recordou que este programa supón un "enorme disfrute" para os usuarios e tamén representa "unha laboura de estímulo moi importante" para estes, xunto cunha función de conciliación para as familias, xa que esta iniciativa dura toda a mañá. O prezo é "practicamente inexistente", asegurou.

"O obxectivo é que todas as persoas con algún grao de discapacidade nesta cidade poidan disfrutar en xullo e agosto deste servizo" e tamén "amplialo ao mes de xuño e setembro" de cara ao próximo verán, e apuntou a comezalo do 15 de xuño para rematalo o 15 de setembro.

O alcalde de Vigo asegurou que "non imos efectuar ningún recorte, ao contrario, imos aumentar a dotación orzamentaria o próximo ano a este servizo", porque "trátase de satisfacer dereitos". Caballero informou que a dedicación a cada campamento municipal ascende a 18.000 euros.
Descargar todas as imaxes