Escoitar

Teatro, obradoiros e xogos centran a programación infantil das Festas

A concellería de Cultura e Festas programa teatro infantil durante seis xornadas (do 8 ao 13 de agosto, ás 20 horas na rúa Londres); xogos olívicos de verán "Vigo 2011" a cargo de Popín Animación, do 6 ao 13 de agosto de 18:30 a 21:30 horas na Alameda de Bouzas, Independencia, a zona peonil do Calvario e A Riouxa; e o Garabato do Xogo, trinta xogos de habilidade con materiais reciclados na Praza de Compostela, de 17 a 21 horas.

martes, 9 ago 2011
1312887979titeres.jpg
PROGRAMACIÓN INTANTIL:

"SEMANA DE TEATRO PARA NENOS E NENAS"
Lugar: Rúa Londres (detrás do Marco):
Datas: do 8 ao 13 de agosto, ambos inclusive, ás 20,00 horas.

• TEATRO GORAKADA (Euskadi): "Jim en la isla del tesoro", 8 de agosto, luns
Tipo: actores e monicreques.
Idades recomendadas: A partir de 3 anos.

• PTV-CLOWNS (Valencia): "Adivinaguas", 9 de agosto, martes.
Tipo: traballo de autor (clowns)
Idades recomendadas: público familiar

• PRODUCCIONES CACHIVACHE (Madrid): "El desván de las ilusiones", 10 de agosto, mércores
Tipo: actores e monicreques.
Idades recomendadas: público familiar

• VIRAVOLTA TÍTERES (Galicia): "Horroroso crime de Xan Miñoca". Inspirada na obra de Eduardo Blanco Amor "Amor e crimes de Juan el Pantera", 11 de agosto, xoves:
Tipo: títeres de cachiporra con música en directo.
Idades recomendadas: público familiar.

• SEISDEDOS TÍTERES (Galicia): "O Galo Quirico e os seus amigos", 12 de agosto, venres:
Tipo: Monicreques tradicionais con teatriño de cartón e música en directo.
Idades recomendadas: Público familiar

• PATA TEATRO (Andalucía): "Una casa en las afueras", 13 de agosto, sábado.
Tipo: traballo de actor
Idades recomendadas: público familiar.

"XOGOS OLÍVICOS DE VERÁN VIGO 2011" POPIN ANIMACIÓN. , do 6 ao 13 de agosto de 18,30 a 21,30h nos espazos seguintes:

• Alameda de Bouzas: 6 e 7 de agosto.
• Peonil do Calvario: 8 e 9 de agosto.
• Praza da Independencia: do 10 ao 11 de agosto.
• Parque da Riouxa: 12 e 13 de agosto.

Garabato do xogo: Trinta xogos de habilidade construídos con materiais reciclados para toda a familia que estarán instalados na praza de Compostela.
Datas: do 8 ao 13 de agosto de 17,00 ao 21,00 horas
Descargar todas as imaxes