Escoitar

Caballero mediará cos Ministerios de Pesca e Industria para que apoien Conxemar

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes a súa intención de "facer xestións" cos Ministerios de Pesca e Industria para "darlle fluidez" aos contactos cos promotores da feira de Conxemar. Logo dunha xuntanza con responsables do evento, o rexedor cualificou esta cita económica como "estratéxica para a cidade" e destacou a importancia de que desde Madrid se lle dea pulo "á feira do conxelado máis importante de Europa".

martes, 2 ago 2011
1312288325conxemar.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe a súa intención de mediar co Goberno Central para que desde os Ministerios de Pesca e de Industria se apoie "á feira do conxelado máis importante de Europa". Logo dunha xuntanza con responsables de Conxemar, o rexedor comprometeuse a facer xestións que permitan "darlle fluidez" aos contactos entre o Goberno e os responsables do evento. Explicou que esta foi a petición que lle trasladaron os rectores da feira que "son xente tan seria que non pediron apoio económico directo -aínda que llo daríamos-, senón que nos solicitaron mediación e iso é o que imos facer desde o Concello". Subliñou a importancia de que desde Madrid se respalde "á feira do conxelado máis importante de Europa".

O rexedor, que cualificou o evento como "estratéxico para Vigo", explicou que esta reunión enmárcase dentro do calendario habitual de preparación da feira e avanzou que en setembro haberá outra xuntanza na que xa se abordarán todas as cuestións con máis detalle. Caballero quixo facer referencia ao remate das obras do aparcamiento de Peinador, "xa que vai facilitar moito a movilidade".
Descargar todas as imaxes