Escoitar

Ciclo "Mércores de Solpor" no Verbum

Un ano máis celébrase na azotea do Museo Verbum os "Mércores de Solpor". Esta 6ª edición volve a ser un punto de encontro para artistas de distintas disciplinas como a música, a poesía, a danza, o cabaré… onde experimentar e crear actuacións irrepetibles. Todas as actuacións comezarán as 20:30 horas con entrada gratuíta.

martes, 2 ago 2011
1312279900cartelsolpor.jpg
Un lugar no que a palabra se deixa arroupar pola música, a música nutrir pola palabra, a palabra influír pola danza, a danza inspirar pola palabra. A palabra serve como motor desta busca de diálogos e interaccións entre artistas, onde a complicidade do público asistente e a beleza dos solpores na azotea converten o ciclo nunha oferta diferente e sen dúbida de extraordinario atractivo para a cidadanía.

3 agosto – Cabaré
Gayo-Pinheiro
Área de descanso

Iria Pinheiro e Clara Gayo son as encargadas do solpor máis tolo e divertido desta edición repleto de humor, música e complicidade. As dúas actrices invítannos a súa "Área de descanso"e a gozar da súa visión do cabaré.
Descargar todas as imaxes

Máis información