Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 29 de xullo de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde deu conta dos padróns municipais do IBI e do IAE, cun "lixerísimo aumento" na recadación prevista

A Xunta de Goberno Local deu este venres luz verde ao padrón do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e o Imposto de Actividades Económicas (IAE) correspondente ao 2011, que rexistran un "lixerísimo aumento" nos ingresos previstos con respecto ao pasado ano, acadando os 64,6 millóns. O IBI suma inscripcións e importe recibido mentres que cae o IAE en ambos parámetros.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres do "lixerísimo aumento" na recadación prevista polo Concello derivada dos impostos de Bens Inmobles (IBI) e de Actividades Económicas (IAE) de 2011.

Tras a celebración esta mañá da Xunta de Goberno Local, Caballero apuntou que o padrón deste ano en ambos conceptos revela que os ingresos previstos para este ano "permañencen prácticamente igual", incrementándose dos 64,3 millóns de 2010 aos 64,7 millóns para 2011.

No tocante ao IBI, e con respecto ao pasado exercizo, as inscripcións incrementáronse nun 1,85% ata sumar 207.885, polas 204.099 de 2010. A recadación tamén sube, neste caso un 0,85%, sumando 53,2 millóns.

Referido ao IAE, as inscripcións baixaron de 4.448 ás 4.240 de 2011, e o importe da cota queda en 12,8 millóns de euros. Caballero detallou que, do total, 11,4 millóns corresponde ao Concello mentres que Vigo deriva á Deputación de Pontevedra 1,4 millóns, "un dos efectos da Deputación de Pontevedra nesta cidade", asegurou.
Mais noticias
Caballero compromete o apoio do Concello ao proxecto investigador do CSIC na ETEA
"A xerencia da Fundación ProVigo terá custe cero para esta cidade"
O Festival Son de Vigo encherá a Praza da Constitución e o Auditorio de Castrelos de artistas vigueses
Caballero louba o traballo do corpo de bombeiros de Vigo na recepción de 17 novos efectivos
Apertura do prazo de inscripción para as Escolas Municipais de Música e Artes Escénicas
Pechada ao tráfico a rúa Carballo a altura do nº 2
Clausura temporal da Pinacoteca municipal por traballos de mantemento


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003