Escoitar

PP e BNG solicitan ao Goberno de España á retirada do recurso contra a lei de racionalización da prestación farmacéutica

A Corporación solicitará ao Goberno de España a retirada do recurso en contra da racionalización da prestación farmacéutica en Galicia. Populares e nacionalistas aprobaron unha moción do Partido Popular, que aceptou unha enmenda do BNG, que insta a intensificar debates que permitan reducir o gasto farmacéutico.

martes, 26 xul 2011
1311684798genericos.jpg
A Corporación aprobou hoxe martes instar ao Goberno Central a retirar o recurso que aínda mantén vixente en contra da lei de racionalización da prestación farmacéutica en Galicia. Populares e nacionalistas deron hoxe martes o seu apoio a unha moción que, defendida pola concelleira popular María Teresa Cendón, incluíu unha enmenda do BNG na liña de intensificar debates que permitan establecer medidas para reducir o gasto farmacéutico, garantindo a sostenibilidade do sistema público de saúde.
Descargar todas as imaxes