Escoitar

O alcalde comprométese á rehabilitación da fachada do Berbés neste mandato

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres o compromiso do Goberno de rehabilitar a fachada do Berbés, continuando cos traballos de conservación desenvolvidos desde a Oficiña de Rehabilitación da Xerencia de Urbanismo e que desde hoxe poden contemplarse nunha exposición situada en dependencias municipais. Segundo relatou o rexedor, na última década investíronse máis de 17 millóns de euros nunhas 700 actuacións na cidade de Vigo.

venres, 22 xul 2011
1311340495rehabilitacion.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou hoxe venres o compromiso de "rehabilitar de xeito integral a fachada do Berbés, unha das zonas emblemáticas da cidade. Trátase dunha decisión política, "de continuar traballando na recuperación desta fachada e noutras zonas do Casco Vello e do Barrio Histórico de Bouzas", indicou, temos vocación de "continuar, reforzar e acelerar" a rehabilitación de edificios e fachadas durante estes catro anos". Esta actuación formará parte do traballo que leva realizando a Oficiña de Rehabilitación Municipal desde hai unha década, un periódo no que se investiron máis de 17 millóns de euros nunhas 700 actuacións.

Caballero valorou o traballo que está á facer á Oficiña de Rehabilitación, dentro da Xerencia de Urbanismo, que leva dez anos traballando con Gobernos de distinto color poítico, o que "aínda é maís satisfactorio". Atribuiu o estado de abandono de zonas consideradas parte do "corazón da cidade" á pasividade dos políticos durante décadas e recordou que desde a posta en marcha da Oficiña de Rehabilitación no Concello todos os Gobernos municipais que se sucederon traballaron cos mesmos obxectivos.

O rexedor fixo estas declaracións na inauguración dunha exposición instalada na Xerencia de Urbanismo, que recolle en imaxes a "inxente" labor da oficiña de rehabilitación. Logo de visitala, Caballero indicou que a exhibición "sairá a rúa para que a xente sexa consciente do esforzo colectivo que estamos a facer", sinalando como exemplo de edificio recuperado o da aula da UNED.

Pola súa banda, a primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, quixo agradecer aos técnicos municipais "a súa dedicación" e aos propietarios "por ser unha parte fundamental do proceso de rehabilitación". Animou a outros cidadáns a solicitar axudas para seguir na senda da conservación porque iso "lles permitirá protexer o seu patrimonio e o de todos os vigueses".
Descargar todas as imaxes