Escoitar

Caballero cifra en 800.000 euros o orzamento municipal deste ano para sufragar as axudas de comedor dos escolares

Tras a Xunta de Goberno Local, o alcalde informou da aprobación do convenio con FOANPA, nais e pais de alumnos, polo que o Concello achega 476.000 á entidade para realizar actividades extraescolares e completar as becas de comedor que concede o goberno de Vigo. O importe destinado no orzamento de 2011 ao efecto ascende a uns 800.000 euros, case o triple que catro anos atrás. O alcalde ratificou o seu compromiso de conceder as axudas a todos os escolares que o precisen e cumpran os requisitos.

venres, 22 xul 2011
1311340030Imagen006.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o goberno local destina nos seus orzamentos deste ano uns 800.000 euros para sufragar as becas de comedor para os escolares.

En rolda de prensa tras a celebración dunha Xunta de Goberno Local, o rexedor vigués informou da aprobación do convenio coa Federación Olívica de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas de Vigo e comarca, FOANPA, 476.000 euros para sufragar a súa actividade e apoiar a organización de actividades extraescolares dos nenos de infantil e primaria, ademais de impulsar accións de formación para os pais.

Principalmente, o convenio ven reforzar as achegas de comedor que concede o Concello de Vigo aos escolares, mediante a Concellería de Política de Benestar. O goberno de Vigo concede 41 euros ao mes a cada alumno becado e destina ao efecto 800.000 euros, prácticamente tres veces máis que os 300.000 euros orzamentados en 2007.

Abel Caballero reiterou o compromiso do goberno que preside de conceder todas as becas de comedor que sexan solicitadas e cumpran cos requisitos establecidos. O alcalde volveu demandar á Xunta de Galicia que acometa a ampliación dos comedores que conveniou coa administración local hai dous anos para poder dar máis cabida ás solicitudes.

O alcalde de Vigo augurou que, de cara ao próximo curso que comeza, o Concello destinará sobre un millón de euros para sufragar estas becas de comedor.
Descargar todas as imaxes