Escoitar
ANUNCIO

Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao

A Concellería de Politica de Benestar pon en funcionamento o "Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao". O dispositivo realizarase nos meses de xullo e agosto: de luns a domingo,dende as 11:00 a 14:00 horas e dende as 16:00 a 20:00 horas.

venres, 8 xul 2011
A finalidade do servizo e favorecer as persoas con mobilidade reducida da cidade para que poidan acceder á praia ou a un baño no mar na época estival.

O dispositivo realizarase nos meses de xullo e agosto: de luns a domingo,dende as 11:00 horas a 14:00 horas e dende as 16:00 horas a 20:00 horas, instalaráse nas praias de Samil e do Vao, conta con cadeiras de baño adaptadas, muletas acuáticas, unha pasarela de acceso á praia e chalecos.

Para a utilización do servizo, calquera persoa con minusvalidez ou mobilidade reducida só ten que achegarse aos postos instalados para este servizo nas praias de Samil e do Vao ou realizar a súa reserva a través do teléfono 986 42 36 66.