Escoitar

O CAT presenta os obradoiros de verán

En xullo e agosto o Centro de Artesanía Tradicional do Concello de Vigo desenvolverá unha oferta gratuíta baseada na artesanía e o reciclaxe para todos os públicos.Os obradoiros están orientados tanto para adultos como para os máis novos/as, facendo especial fincapé nestes últimos, coa finalidade de que aproveiten estas vacacións para achegarse dunha maneira amena e divertida ao mundo da artesanía tradicional.

mércores, 29 xuñ 2011
1309348972verancat.jpg
Os participantes poderán descubir como só coas súas mans, unha pouca de ferramenta e a súa creatividade, serán quen de desenvolver unhas capacidades descoñecidas para eles para producir obxectos utís.

A oferta para adultos céntrase nun obradoiro de INICIACIÓN Á CESTERÍA, na que o alumando se introducirá nas súas técnicas co roten, un material flexible e lixeiro, ideal para concentrarse na aprendizaxe dos diferentes tecidos e remates. Durante o obradoiro, desenvolveran unha serie de pezas redondas e cadradas con ese material (lapiceiro, froiteiro, bandexa) para ir fixando a técnica, para finalmente, traballar a construción dos fondos dos cestos e realizar unh peza feita en vimbio.

A oferta para os máis novos/as e máis amplia. Por unha banda, poderán introducirse no mundo da cestería co obradoiro MANS PARA QUE VOS QUERO, adaptado para diferente idades (7 a 16 anos), no que o alumnado aprenderá diferentes tipos de tecido coa elaboración de varios cestos. O curso esta adaptado as destrezas dos participantes: con pezas sinxelas en roten, como lapiceiros e froiteiros se non tiveron ningún contacto coa cestería; e no caso de rapaces/as con experiencia, comezarán con roten para recordar, para logo pasar ao traballo con vimbio. Con este curso terán a satisfacción de fabricar obxectos por sí mesmos dende o primeiro día sorpréndendose das súas capacidades manuais e creativas.

Como novidade para este ano adentrase no medio ambiente a través do obradoiro CREA RECICLANDO. Esta actividade está programada co obxectivo de que os alumnos tomen conciencia do problema que supoñen os residuos, e como a reciclaxe permite o retorno destes materiais a novos usos. Materiais coma o plástico ou o cartón serán os protagonistas deste obradoiro, cos que os participantes utilizarán técnicas artesanais para obter novos obxectos. Canta roupa temos na casa que non utilizamos? cantas caixas, revistas, periódicos?. Aproveitalos e transformalos e un dos obxectivos principais deste obradoiro, ademáis do desenvolvemento da imaxinación e a conciencia pola protección do medio ambiente.

Para os máis pequenos está preparado en agosto o obradoiro de olería XOGANDO CO BARRO, FACEMOS CACHARROS co que se introducirán no mundo da cerámica como aprendices de oleiros. Nel os participantes aprenderán técnicas de construción e decorativas en barro realizando pezas de pequeno tamaño como tazas, vasos e pratos. Utilizarán barro bermello e branco tanto para a construción como para o remate do cacharro, rematando a peza con incisións que lle imprimirán ao cacharro diferentes texturas.


As datas e horarios se poden consultar en www.cat.vigo.org ou chamando ao 986220758 en horario de 10 a 14 h.
Os obradoiros son gratuítos e as prazas limitadas.
Descargar todas as imaxes

Máis información