Escoitar

Espectáculo "Emoción e Palabras" Fundación Igual Arte no Verbum

O sábado 18 de xuño, de 20 a 21 horas e con entrada gratuíta para todos os asistentes ata completar aforamento, terá lugar no museo Verbum – Casa das Palabras o espectáculo "Emoción e Palabras" da Fundación Igual Arte - Espectáculo de expresión corporal.<br />

venres, 17 xuñ 2011
1308312861igualrate.jpg
SINOPSE: Unha obra onde se fai un percorrido pola ira, alegría, amor, paixón... sendo a palabra a protagonista, textos que danzan ao ritmo da cor, o son e a imaxe, o que favorece que os sentimentos estean presentes.

Un espectáculo de expresión corporal tratando de dar diferentes matices ao corpo e as melodías. A temática do espectáculo son os sentimentos da palabra, entendéndoos como diferentes cores e intentando que o espectador saque as súas propias conclusións.

Bailaríns: Carmela Bueno, Helena Cuber, Pedro Pomar, Vanesa Lea, Carmen Gómez, Ariadna Expósito, Andrea Alonso e Brais Pérez.
Descargar todas as imaxes