Escoitar
ANUNCIO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO

CONVOCATORIA PARA O ANO 2011 DO "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN", NO MARCO DO PLAN MUNICIPAL DE EMPREGO 2008–2011<br />

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 06/06/2011, a proposta da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2011 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN", no marco das actuacións do Plan municipal de emprego 2008-2011.

venres, 17 xuñ 2011
OBXECTO:
Poderán acollerse a estas axudas empresas e entidades distintas da administración pública, que contaraten "Persoas desempregadas que participaen ou tivesen participado nalgunha das accións ou programas da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, incrementándose a cuantía ao pertencer ao colectivo de mulleres, persoas con discapacidade, parados de longa duración ou persoas menores de 30 anos ou maiores de 45 anos." As subvencións establecidas nesta convocatoria poderán afectar ás constratacións que, reunindo os requisitos establecidos nas bases reguladoras, se formalizasen no período comprendido entre o 16 de setembro de 2010 e o 15 de setembro de 2011.

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte a data de publicación no BOP e ata o día 16 de setembro.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, ao "Programa de axudas municipais á contratación".

INFORMACIÓN:
Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá.
Pza. do Rei, 1 – 4ª planta.
Tfno.: 986 810232
Tanto as bases reguladoras das axudas como os anexos a presentar a persoa solicitante, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo, na Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá e na súa páxina web: www.vigo.org.