Escoitar

A Xunta de Goberno aproba a ampliación de 150 bolsas de inglés municipais

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou neste luns que a aprobación permitirá asignar as bolsas de inglés a boa parte dos alumnos de centros concertados que quedaron fora da convocatoria. O investimento destas 150 novas bolsas ascende a 375.000 euros.

luns, 6 xuñ 2011
1307365036becas.JPG
Abel Caballero explicou que as novas bolsas súmanse as xa concedidas para este ano chegando ata as 510 becas, 70 da Escola Oficial de Idiomas, que farán posible que outros tantos alumnos e alumnas de Vigo estuden inglés grazas a un programa de inmersión lingüística no estranxeiro.

O alcalde matizou que cando ao comezo da lexislatura había 0 becas fronte as 510 actuais e amosouse moi "orgulloso" deste programa municipal.
Descargar todas as imaxes