Escoitar

"Afinidades selectivas", exposición na Casa Galega da Cultura

A Casa Galega da Cultura presenta a cuarta edición da exposición "Afinidades Selectivas 4" que reúne neste espazo a seis artistas que teñen en común coincidiren nalgún momento na Facultade de Belas Artes, uns como estudantes e outros como docentes. Pero, sobre todo, o que os mantén unidos é a práctica dunha arte, que desde a súa riqueza e complexidade excede o que como cultura visual nos vén dado no noso contexto cultural.

xoves, 2 xuñ 2011
1307017305afinidades.jpg
O baixorrelevo de Fernando Casas, o vídeo e a escultura de Vanesa Díaz, as tres esculturas de Juan Luis Moraza, a escultura de Amaya González Reyes, xunto ás pinturas, debuxos e esculturas de Antía Sánchez e Víctor Ulla, ofrécen a posibilidade dun sentir artístico cada día máis valorado e valorable.

A mostra poderase visitar do 3 de xuño ao 17 de xullo.
Descargar todas as imaxes