Escoitar

María Méndez anuncia que o programa de Balnearios ofrece este ano 450 prazas, un 39% máis que en 2007

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este mércores o programa de Balnearios, que este ano ofrece un total de 450 prazas, un 39% máis que no 2007 cando asumiu a xestión da Concellería de Benestar Social. María Méndez destacou que o programa desenvólvese en dúas quendas, primavera e outono, nos balnearios de Cuntis, A Toxa, Mondariz e o Talaso de Oia.

mércores, 11 mai 2011
1305115619Balnearios.JPG
"Con esta iniciativa temos o obxectivo de que as persoas maiores poidan gozar da riqueza natural que temos, como son os balnearios", afirmou a concelleira nacionalista. Explicou que o programa, que se realiza en colaboración coa Deputación de Pontevedra, desenvólvese de luns a venres, e a terapia ten unha duración aproximada de dúas horas, de xeito que os e as participantes volven os seus domicilios todos os días.

María Méndez indicou que a Concellería de Benestar Social recibiu un total de 527 solicitudes, das que 23 non cumprían os requisitos e 52 permanecen en lista de agarda. Sinalou que pese a expectación que xera este programa, este ano recibíronse 100 solicitudes menos que na edición anterior, ben como consecuencia da crise económica ou ben porque hai máis oferta das outras administracións. "Estamos encantadas de que 450 persoas poidan gozar desta oferta de balneoterapia", afirmou.

A concelleira de Benestar Social manifestou o seu compromiso de "seguir con esta aposta pola mellora da calidade de vida" na vindeira lexislatura, dando cobertura a todas as persoas que queren gozar "da riqueza do noso medio natural", apuntou.
Descargar todas as imaxes