Escoitar

O Concello de Vigo homenaxea ao Octavio-Pilotes Posada polo éxito do seu ascenso á liga Asobal

O alcalde, o tenente de alcalde, e o concelleiro de Deportes recibiron esta mañá aos xogadores e corpo técnico do Octavio-Pilotes Posada para expresarlles os seus parabéns polo ascenso do equipo á liga Asobal de Balonmán. No acto, celebrado no Auditorio Municipal, os tres destacaron o gran traballo feito ao longo da tempada polo club Octavio e ratificaron o respaldo ao club por parte da administración local.

martes, 3 mai 2011
1304427082Octavio.JPG
O presidente do Octavio, Javier Rodríguez, pola súa banda, agradeceu o apoio recibido nestes anos por parte do Concello de Vigo e lembrou que o club que representa leva 20 anos entre os mellores 20 equipos do Estado, xunto ao Barcelona, Granollers e Valladolid.
Descargar todas as imaxes