Escoitar

Iolanda Veloso destaca que máis de 3.000 nenos e nenas participaron no sexto "Camiña con nós pola igualdade"

A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, participou este martes na clausura do programa "Camiña con nós pola igualdade" do CEIP García Barbón. A nacionalista destacou o constante aumento de rapaces e rapaces participantes na iniciativa, que nesta nesta sexta edición chegou a 3.186 alumnos e alumnas de 42 centros escolares da cidade. A concelleira sinalou a importancia da educación "para previr a violencia e fomentar a igualdade de oportunidades entre nenas e nenos".

martes, 3 mai 2011
1304427047Camina.JPG
Iolanda Veloso explicou que o programa está dirixido ao alumnado de Educación Infantil (de 3 a 6 anos), no que participaron 2.579 nenos e nenas, e 6º de Educación Primaria (11 e 12 anos) no que participaron 607 rapaces e rapazas. O programa consiste en obradoiros de 45 minutos de duración no primeiro caso e de 90 minutos no segundo. Sinalou que mediante unha metodoloxía lúdica adaptada a cada curso, os obradoiros teñen o obxectivo de "reflexionar sobre os roles e os estereotipos que existen na nosa sociedade".

Respecto aos datos de participación do CEIP García Barbón, Iolanda Veloso lembrou que nesta edición participaron un total de 200 alumnas e alumnos dos que 150 eran nenas e nenos de educación infantil (3, 4 e 5 anos) e 50 de 6º de educación primaria (12 anos). Animou aos nenos e nenas presentes a levar a cabo na súa casa as actitudes aprendidas no obradoiro e fixo entrega dun agasallo que potencia os xogos non sexistas.

A concelleira de Igualdade fixo fincapé no incremento de participación no programa, xa que no curso 2005-2006, foron 20 os centros de ensino participantes; no curso 2006-2007 participaron 32 centros de ensino; no curso 2007-2008 participaron 29 centros; no curso 2008-2009 os obradoiros impartíronse en 30 centros; no curso 2009-2010 foron 35 e no 2010-2011, un total de 42.
Descargar todas as imaxes