Escoitar

O Auditorio Municipal acolle mañá venres o espectáculo de danza "Then", a cargo da compañía Proxecto Titoyaya

Con motivo do Día Mundial da Danza, mañá, 29 de abril, no Auditorio Municipal poderase gozar dun espectáculo de danza contemporánea. A actuación, a cargo da compañía Proyecto Titoyaya, será ás 21 horas, e o prezo das entradas é de 5 euros, que se podense mercar na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

xoves, 28 abr 2011
Co nome "Then", o Proyecto Titoyaya pon en escena un programa de danza de tres pezas "Línea horizontal", "Manera" e "Two", que reúne parte do repertorio da compañía coa nova creación 2010, que contou con Daniel Abreu como coreógrafo invitado. Os intérpretes de "Línea horizontal" mostran a unión ao desexo, a depositar o tempo no desexo de ser, de pensar e de vivir nun mundo que se manifesta dende a infancia como unha necesidade de buscar e descubrir os obxectos.

En "Manera" descríbese a forma de ollar a vida derivada "da natureza máis íntima. Dende as súas ramificacións, sobre as que pesan anos de identidades culturais e reformas sociais, flores de orgullo e medo comezan a florecer, estación tras estación mentres pasan os anos", segundo Mario A. Zambrano. Finalmente, en "Two", o público preguntarase que se fai cando as persoas que a un lle importan se encontran a miles de quilómetros.