Escoitar

O alcalde define á industria viguesa de automoción como un "factor de xeración de emprego e de saída da crise"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes a empresa Matrigalsa, unha das tres primeiras factorías do mundo en produción de moldes de gran tamaño e alta tecnoloxía para a fabricación de pezas, con clientes principalmente no sector da automoción. Caballero eloxiou a "altísima calidade" da firma e comprometeuse a mediar co Ministerio de Industria para que continúe cos apoios.

martes, 19 abr 2011
1303217087matrigalsa.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, definiu hoxe martes de "factor de xeración de emprego e de saída da crise" á industria viguesa do automóbil, en particular as entidades de compoñentes.

Así o asegurou Caballero tras visitar Matrigalsa, unha "das tres mellores empresas do mundo no seu ámbito", a produción de "moldes con alta tecnoloxía para a fabricación de pezas", cun tamaño entre 15 e 25 toneladas. A compañía está ubicada en Vigo e ten entre os seus clientes ás principais empresas de automoción, metal e traballar para introducirse no sector aeronáutico.

Matrigalsa é unha "empresa familiar" que emprega a unhas 70 persoas e atopa en Alemaña aos seus competidores. Caballero salientou o "mérito importante" da firma ao producir para os "principais fabricantes do mundo" cunha "altísima calidade"

Abel Caballero avanzou que mediará en favor de Matrigalsa co Ministerio de Industria, quen "xa está a apoiar de forma moi sensible a esta empresa". O alcalde amosou unha "gran satisfacción" porque a industria da automoción ten "as tecnoloxías máis avanzadas" para competir internacionalmente, o que definiu como"factor de xeración de emprego e saída da crise moi relevante".
Descargar todas as imaxes