Escoitar
As rutas do "Camiño a Camiño" percorreron o Lagares na noite deste sábado

Preto de 400 persoas participaron esta fin de semana en actividades da Concellería de Medioambiente

A ruta nocturna polo Lagares concluiu no Tombo do Gato preto da 1 da madrugada. A visita á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo, que tivo lugar o pasado domingo, 17 de abril, foi a última desta tempada.

luns, 18 abr 2011
1303140035ruta.jpg
Cerca de 400 persoas participaron esta fin de semana en distintas actividades organizadas pola Concellería de Medioambiente que dirixe a socialista Chus Lago. Nesta ocasión arredor de 350 persoas inscribíronse na ruta nocturna polo Lagares que partiu ás 20:45 horas da Praza do Rei cara a Avenida de Madrid.

O circuíto rematou no Tombo do Gatom onde os participantes visualizaron xunto cos astrónomos o ceo de Vigo. Alí explicaron o movemento das estrelas, as constelacións, as fases da lúa... A actividade rematou na praia cunha chocolatada trala que os camiñantes voltaron ao punto de partida preto da 1 da madrugada.


COVA DO REI CINTOLO
Así mesmo o domingo ás 08:30 da mañá partiu o grupo de 55 persoas cara a Cova do Rei Cintolo; unha actividade organizada este ano por primeira vez pola Concellería de Medioambiente que permite aos visitantes coñecer a importancia dunha cova que ten máis de 7500 metros de lonxitude e posúe unha riqueza xeolóxica e biolóxica moi importante, ademais das propias lendas que enriquecen a visita.

Nesta ocasión de novo traballaron conxuntamente os departamentos de Educación de Vigozoo e o de Medio Ambiente da Concellería, pois a apertura do Nocturama no zoolóxico vigués é unha oportunidade magnífica para coñecer o hábitat natural dalgúns dos habitantes desta cova como son os morcegos, xéneros Rhynolophhus ou Myotis, entre outros.

Esta foi a última visita á Cova do Rei Cintolo prevista para esta tempada tras un balance moi positivo que conseguiu que unhas 180 persoas coñeceran a cova máis grande de Galicia.
Descargar todas as imaxes