Escoitar

Abel Caballero adianta que a sinatura do convenio para a xestión do albergue é "inminente"

O alcalde asegurou que "creo que a semana que vén vaise asinar o convenio" para xestionar o albergue para persoas sen teito de Vigo, que estará ubicado na Praza do Berbés. Indicou Caballero que o proceso está no "trámite administrativo do Concello" e na "liberación dos fondos" para rubricalo, e enviou unha mesaxe de tranquilidade á cidadanía porque "vigo vai ter un gran centro de inclusión social para as persoas en teito" que será xestionado por "profesionais" do sector.

venres, 8 abr 2011
1302267479Imagen005.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou este venres que a sinatura do convenio para a posta en marcha e xestión do albergue do Berbés é "inminente".

A preguntas dos medios de comunicación, o rexedor adiantou que "creo que a semana que vén vaise asinar o convenio" coa entidade que encargarase do seu funcionamento, unha vez estea resolto o "trámite administrativo do Concello" e a "liberación dos fondos" que permitan conveniar.

Abel Caballero quixo así remitir unha mesaxe de tranquilidade á cidadanía de Vigo porque "Vigo vai ter un gran centro de inclusión social para as persoas sen teito". O primeiro edil detallou que o acordo será plurianual e permitirá que o albergue sexa xestionado por "profesionais" do sector, entre os que participarán o colectivo IMAN. "Temos moi boa relación co grupo IMAN e valoramos moitísimo o que fan", indicou.

O alcalde vigués concluíu que "ímoslle dar calidade e categoría ao centro e a dimensión social que necesita".
Descargar todas as imaxes