Escoitar

María Méndez traslada ao alumnado de Salesianos a importancia de "dicir non" no inicio da xornada "Eu son eu"

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este venres a xornada de prevención das drogodependencias "Eu son eu", dirixido a nenos e nenas de 12 anos. No transcurso do acto, a edil nacionalista transmitiu aos alumnos e alumnas de 6º de Primaria do colexio Salesianos a importancia de promover hábitos saudabeis e "saber dicir non" ante as diversas situacións que cada un e cada unha debe afrontar na nenez e na adolescencia.

venres, 8 abr 2011
1302267225Obradoiro.JPG
María Méndez agradeceu ao centro a súa participación neste programa que se desenvolve a través do Plan Local de Drogodependencias e outras adicción e que no ano 2010 achegouse a máis de 10.000 rapaces e rapazas dos centros educativos de Vigo. "Agardamos ao longo deste ano superar esta cifra porque consideramos que a prevención é un dos piares básicos da saúde", destacou a concelleira.

A concelleira de Benestar Social tamén agradeu a Érguete a súa implicación no desenvolvemento deste programa, que ten o obxectivo de proporcionar as ferramentas necesarias para "dicir non". Expresou a súa confianza en que a xornada sexa de proveito e que os rapaces e rapazas "en dous ou tres anos queiran participar nas iniciativas que se imparten na ESO".
Descargar todas as imaxes