Escoitar
Xuventude

Roteiro polo Vigo mariñeiro

<br />

venres, 8 abr 2011
A Concellería de Xuventude organiza os días 14 e 28 de abril e 5 de maio diferentes roteiros polo Vigo mariñeiro.:

-Día 14 de abril: Visita guiada polo Vigo portuario "100 minutos de mar". Horario de 16.30 a 18.30 horas.
-Día 28 de abril: Visita ao Museo do Mar. Horario de 17.00 a 19.00 horas
- Día 5 de maio: Visita a escola obradoiro Mar de Vigo e bautismo de mar. Horario de 9.00 a 14.00 horas.

O día 6 de maio ás 12hs sortearase na Casa da Xuventude entre todos os participantes varias prazas para unha saída "especial" para navegar nunha embarcación tradicional.

As actividades son gratuítas me para mozos/as de entre 15 e 35 anos.

Máis información:
Casa da Xuventude: 986 294 806 - Punto Xove 986 223 004 www.xuventudevigo.org