Escoitar

Caballero anuncia a iluminación do paseo do Lagares "desde Castrelos ata Samil"

O alcalde asegurou que cúmprese así cunha "vella reivindicación" da cidade, que conta para a súa posta en marcha cun "estudo detallado" que permite compatibilizar a iluminación do paseo cos aspectos medioambientais do río. Caballero tamén informou da renovación das pistas deportivas de Castrelos e a instalación dun novo parque biosaudable no recinto.

luns, 4 abr 2011
1301920043castrelos.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe luns que "imos iluminar todo o paseo do Lagares desde Castrelos ata Samil", dando así cumprimento a unha "vella reivindicación" da cidadanía que frecuenta este percorrido.

Así o asegurou Abel Caballero esta mañá, apuntando ademais que esta decisión ven avalada por un "estudo detallado" que posibilita a iluminación do paseo cos requisitos medioambientais e de sostibilidade que demanda o río e o entorno natural.

O rexedor vigués indicou tamén que o parque de Castrelos ten transformadas as súas pistas deportivas e ademais instalouse un novo parque biosaludable, estando hoxe o recinto en "mellor posición" para a práctica deportiva e do ocio.
Descargar todas as imaxes