Escoitar

Xesus López anuncia a estrea mañá martes do documental "Rodilla" e un coloquio con Salinas e Gudelj no Auditorio Municipal

O concelleiro de Cultura, presentou este luns a proxección da curtametraxe documental "Rodilla" sobre o ex xogador do Celta Fernando Rodilla, que terá lugar mañá, 5 de abril, no Auditorio Municipal ás 20.30 horas, con entrada gratuíta ata completar o aforo. Tras a proxección da curtametraxe, dirixida por Juanjo Jiménez, o nacionalista adiantou que haberá un coloquio no que participará o propio Fernando Rodilla, así como Patxi Salinas e Vlado Gudelj. Xesus López salientou que o cinta resultou gañadora do premio Proxecto Curtametraxe do Cinema Jove de Valencia

luns, 4 abr 2011
1301919933Rodilla.JPG
"Para o Concello de Vigo é unha grandísima satisfacción traer esta curtametraxe e traela ao remodelado Auditorio Municipal", afirmou Xesus López. O concelleiro de Cultura lembrou que Fernando Rodilla comezou a súa carreira deportiva no Alerta e nas categorías xuvenís do Celta, para xogar dende a tempada 70 á 76 no primeiro equipo do Real Club Celta. "Fixo as delicias dos afeccionados ao fútbol e participou na primeira clasificación para a UEFA no 70", destacou.

O nacionalista explicou que a traxectoria de Rodilla serve de fío condutor ao documental do director catalán, no que o personaxe empéñase en completar o seu vello álbum de cromos de fútbol da temporada 1973-74 e lle falta precisamente o de Rodilla, daquela dianteiro do club vigués. O personaxe, que vén sendo o alter ego do director, está nunha fase de desacougo na súa vida e empéñase en cubrir un anaco do apsado completando o seu vello álbum. A historia está baseada un feito certo, xa que a Juanjo Giménez cando tiña seis anos só lle faltaba o cromo de Rodilla para pechar a colección de cromos.

Na presentación do documental, Fernando Rodilla falou da orixe do documental, tras a chamada que recibiu do director, Juanjo Jiménez. "Gravamos tres días en Vigo e tres en Barcelona", recordou. O ex xogador expresou a súa confianza en que ao público lle guste porque é unha historia "moi bonita".
Descargar todas as imaxes