Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 31 de marzo de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde anuncia que "en próximos días" extenderase a norma contra o botellón á rúa Chao

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o subdelegado do Goberno na provincia, Delfín Fernández, mantiveron hoxe xoves unha reunión de "coordinación" sobre a "alarma social" causada na rúa Chao, no Casco Vello, derivada da "marxinalidade" que a frecuenta. O primeiro edil adiantou que o Concello tramitará ampliar á ordenanza contra o chamado botellón á zona, e "non escatimaremos esforzos" nin "ningunha medida" para rebaixar a "tensión" xerada no entorno, afirmou Caballero.




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou hoxe xoves que o goberno local tramitará "en próximos días" a ampliación da ordenanza contra o coñecido como botellón á rúa Chao, para intentar mellorar a seguridade e a convivencia cidadá.

O rexedor vigués entrevistouse esta mañá co subdelegado do Goberno na provincia, Delfín Fernández, tras o que ambos avanzaron que non "estimaremos esforzos" para rebaixar a situación de "tensión" que vívese nesta zona do Casco Vello derivada da "marxinalidade" que a frecuenta.

Ademais da ampliación da zona libre de botellón, Caballero afirmou que tanto a Policía Nacional como a Local están presentes na rúa Chao pero "non excluímos ningunha medida" para mellorar a situación da veciñanza. O goberno local prevé actuar "de forma inmediata" para rebaixar o nivel de "alarma social".

O subdelegado explicou que as policías Local e Nacional xa trataron esta cuestión nas "mesas de coordinación" que celébranse periódicamente, e a reunión con Caballero busca implicarse "tamén políticamente". Fernández apuntou que haberá "diálogo permanente" coa veciñanza afectada nas medidas que tomen as institucións públicas.
Mais noticias
O alcalde salienta a "calidade excepcional" da auga viguesa no balance de xestión de aqualia en 2010
Benestar Social destina 106.300 euros a cinco entidades que traballan nos eidos da discapacidade e a cooperación
Iolanda Veloso presenta o abano de actividades programadas pola Casa das Mulleres e o Centro de Recursos Feministas
Vigozoo organiza un curso de xestión e conservación da flora e fauna en Galicia
Educación e a Escola Municipal de Teatro presentan as II Xornadas de Teatro Escolar


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003