Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 31 de marzo de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Educación e a Escola Municipal de Teatro presentan as II Xornadas de Teatro Escolar

Do 4 ao 8 de abril o Auditorio da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán preto de 300 noveis actores e actrices pertencentes a 12 centros de educación primaria e aos grupos da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral.

Programa das xornadas


Ao longo do periodo no que se organizan estas II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR, o Servizo de Educación do Concello de Vigo, pon ao alcance dos centros educativos participantes, un servizo de apoio e seguimento que garante todo tipo de consultas e intercambios de información sobre este encontro teatral, que é dinamizado polo claustro de profesores/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo.

A diferenza doutras iniciativas como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares como da plasmación final por parte dos escolares en formato obra de teatro.

Coa continuación por segundo ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademáis de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional.


A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, está situada na Rúa Poza Cabalo, s/n en Vigo (Navia),
Mais noticias
O alcalde anuncia que "en próximos días" extenderase a norma contra o botellón á rúa Chao
O alcalde salienta a "calidade excepcional" da auga viguesa no balance de xestión de aqualia en 2010
Benestar Social destina 106.300 euros a cinco entidades que traballan nos eidos da discapacidade e a cooperación
Iolanda Veloso presenta o abano de actividades programadas pola Casa das Mulleres e o Centro de Recursos Feministas
Vigozoo organiza un curso de xestión e conservación da flora e fauna en Galicia


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003