Escoitar

Obradoiros entorno á exposición "Música en Branco, memoria dunha cidade" no Verbum

A exposición Música en Branco. Memoria dunha cidade, que trata de transportarnos á década dos anos 80, cando a cidade de Vigo viviu un dos seus mellores momentos de creación musical. A Movida viguesa supuxo unha reacción á música convencional da época e caracterizouse xunto coa Movida madrileña como o berce da idade de ouro do Pop Español. Aproveitando esta mostra a Casa das<br /> Palabras propón unha serie de obradoiros para familias relacionados coa música, utilizándoa<br /> como vehículo de experimentación e intercambio, de espontaneidade, de enerxía...

venres, 25 mar 2011
1301062966v.jpg
• Domingo 27 de marzo de 2011 O son das palabras: O acento das palabras darannos diferentes ritmos percutivos, e o seu son final, as rimas, ensinaranos a usalas musicalmente optimizando deste xeito a aprendizaxe e o desenvolvemento lingüístico. Os rapaces experimentarán cos equipos dun estudio de gravación e de radio.


PARA NENOS DE 5 A 12 ANOS. A actividade está recomendada para nenos pero poderán acceder aqueles pais que así o desexen.
DE 12.00 A 13.30 HORAS
ENTRADA GRATUÍTA PARA TODOS OS ASISTENTES
AFORAMENTO LIMITADO A 50 RAPACES.
ENTRADA POR RIGOROSA ORDE DE CHEGADA.
Descargar todas as imaxes