Escoitar

A Federación Galega de Municipios de Provincias e as sete cidades con maior poboacion de Galicia celebran unha xornada técnica de debate sobre os grandes retos da educación dende unha pers

Máis de 200 representantes políticos e técnicos de concellos de Galicia abordarán nunha xornada que se celbra o xoves 24, en catro comisións de traballo un debate que hai uns meses foi iniciado por un grupo de traballo integrado polas sete cidades con maior poboación de Galicia e que a partir desta xornada se pretende estender nos próximos meses ao conxunto dos 315 concellos galegos.

xoves, 24 mar 2011
As catro comisións de traballo constituídas son :

1- REDE EDUCATIVA 0-3 DE EDUCACIÓN INFANTIL: Comisión de traballo para a elaboración dun modelo de xestión e financiamento desde a perspectiva municipal.

2- ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS: comisión de traballo destinada a definir un modelo de xestión, financiamento e deseño curricular.

3- OBRIGAS MUNICIPAIS SOBRE OBRAS DE CONSERVACIÓN, REPARACIÓN E MANTEMENTO EN CENTROS DE ENSINO PÚBLICO. PLAN DE MODERNIZACIÓN DOS EQUIPAMENTOS ESCOLARES DE GALICIA: comisión de traballo destinada a definir o estudo de propostas sobre o estado xeral de conservación dos centros de ensino públicos de infantil e primaria e a actuación concertada entre a Administración Local e Autonómica para a súa mellora e modernización.

4- PROGRAMA DE APERTURA DE CENTROS ESCOLARES FÓRA DO HORARIO LECTIVO: comisión de traballo destinada á elaboración dunha proposta de modificación da actual convocatoria de subvencións e a definición dun modelo de xestión municipal de programas de apertura de centros fóra do horario lectivo.

O formato elixido para esta xornada é o de mesa con expertos en formato de diálogo dirixido, contando coa presencia de recoñecidos profesionais en cada unha destas comisións.

A xornada celebrase no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago.No acto de inauguración o presidente da FEGAMP Carlos Fernández, acompañado dos responsables políticos de Educación dos Concellos de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Vigo e Santiago situarán as expectativas e as realidades que como os concellos son obxecto de preocupación no momento presente e no futuro da educación en Galicia.

Máis información