Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 11 de marzo de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A Orquestra Xovigo protagoniza mañá sábado a estrea mundial de "Adagio para orquestra", do galego Fernando Buide

A Orquestra Xovigo, impulsada pola Tenencia de Alcaldía, a Concellería de Cultura e a Asociación Galega da Música para potenciar aos novos valores musicais vigueses, comezará este fin de semana a súa andaina coa estrea mundial da obra "Adagio para Orquestra", do compositor galego Fernando Buide. Os concertos terán lugar mañá e o domingo, ás 20.30 horas, no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

A orquestra, dirixida por Diego García e co pianista Javier Otero como solista convidado, interpretará tamén na primeira parte do concerto a obra "Rhapsody in blue". A segunda parte estará integrada por unha selección de danzas dos compositores Brahms e Dvorak. Segundo o director, tentouse facer un programa "fresco, dinámico e distinto do que estamos acostumados a escoitar".

O proxecto musical Xovigo, integrado pola orquestra e o coro, está dirixido a mozos e mozas de entre 15 e 25 anos. Ten por obxectivo poñer en valor o talento dos novos músicos da cidade. Para acadalo conta con Roberto Relova como director artístico da orquestra e ex director do Conservatorio Superior de Música, Diego García como director musical da orquestra, e Oscar Villar, director musical e artístico do coro.
Mais noticias
O alcalde ofrece o apoio municipal e estatal aos procesos de I+D+i nas empresas de automoción de Vigo
Caballero di que a licitación por 11 millóns do acondicionamento da pista abunda na "cascada de inversións continuas no aeroporto de Vigo"
Santi Domínguez anuncia que 16 edificios participarán nun proxecto da UE para acadar o 20% de aforro enerxético
O Festival de Habaneras celebra a súa segunda xornada coa actuación de cinco corais polifónicas da cidade
Xabier Alonso felicita a Laura Llópiz, campioa do Mundo co Náutico, polo seu recoñecemento nos Premios Nacionais de Vela
A praza "8 de marzo" acollerá o domingo a actividade central do programa do Día Internacional da Muller
Exposición sobre " O noso traxe, peza a peza. Reconquista da vila de Vigo - 2011"
Xunta de Goberno Local
Peche ao tráfico da rúa Tomás Alonso
Peche ao tráfico a rúa Cataluña
Bases xerais e convocatoria de 9 bolsas para a realización de prácticas en oficinas de Información
Cursos gratuítos de ofimática e internet
Convocatoria para a adxudicación de prazas para a participación no programa de inmersión en lingua inglesa 2011
Solicitude de prazas nas escolas infantís municipais (0-3 anos)
Curso 2011/2012


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003