Escoitar
Mobilidade, Seguridade e Transportes

Peche ao tráfico a rúa Cataluña

<br />

venres, 11 mar 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de lousas, a realizar pola empresa Oresa, estará pechada ao tráfico a rúa Cataluña, treito entre Jenaro de la Fuente e Urzáiz, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 14 de marzo de 2011 ás 08.00 horas e por un período aproximado de tres días.
Mentres dure o peche produciranse as seguintes afeccións ao tráfico: establécese como rúa sen saída a rúa Monforte de Lemos; permítese (en horario laboral) o acceso de vehículos lixeiros para carga e descarga ao mercado a través da rúa Urzáiz.
O acceso de camións por Urzáiz mantense no horario establecido con descarga na fronte do mercado e saída por Cristo.
A ruta de acceso para Carga Descarga será: entrada por Gregorio Espino e saída por Cristo. En ningún caso se permite sair de Urzáiz pola rúa León, nen circular en sentido oposto ao establecido.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.