Escoitar

Abel Caballero será o primeiro alcalde de España en utilizar pola cidade un coche oficial 100% eléctrico

Desde este martes, o alcalde de Vigo empregará un coche 100% eléctrico para os desprazamentos oficiais pola urbe, porque estamos "nun momento crítico de loita contra a contaminación e o cambio climático". O modelo é un Peugeot iOn -que será substituído en próximas datas por un Citroën C-Zero- e ten autonomía para 120 quilómetros. "Cremos que debería xeralizarse" e que "todos os cargos públicos de todas as administracións" deberían empregalo eléctrico cando precisen do coche.

martes, 8 mar 2011
1299592511civitas.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, será o primeiro en España en empregar un coche 100% eléctrico nos seus desprazamentos oficiais pola urbe, porque estamos nun "momento crítico" de consumo enerxético e de "loita contra o cambio climático".

Segundo indicou ante os medios de comunicación, nos desprazamentos urbanos o eléctrico será o coche oficial, momentáneamente o Peugeot iOn para despois recibir o Citroën C-Zero. "Cremos que debería xeralizarse" e que "todos os cargos públicos de todas as administracións" deben empregalo, cando non se despracen a pé ou en transporte público.

"Os cargos públicos temos que entrar nos coches eléctricos" como medida de aforro enerxético e contra o cambio climático, indicou o rexedor vigués.
Descargar todas as imaxes