Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 01 de marzo de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


A Orquestra Vigo 430 actúa mañá mércores no Auditorio Municipal cun programa que inclúe obras de Mendelssohn e Britten

O programa estable de artes escénicas que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural no Auditorio Municipal continúa mañá, 2 de marzo ás 20.30 horas, cunha nova actuación da Orquestra Vigo 430. O concerto terá a Alejandro Garrido como director e nesta ocasión contará con Anna Puig como viola solista. O prezo das entradas é de 5 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

Creada no ano 2005 como "Ensemble Vigo 430", a orquestra Vigo 430 está formada na súa maioría por músicos profesionais que se completan con moitos dos máis brillantes expoñentes da prolífica canteira musical de Vigo. O seu elenco vai dende os 14 músicos da pequena orquestra de cámara, necesaria para abordar o repertorio barroco, e outra integrada por 43 músicos que compoñen a formación sinfónica, baixo a xestión de Javier Escobar e a dirección artística de Alejandro Garrido.

O programa da actuación de mañá inclúe o Concerto para Viola e orquestra en Sol maior de Georg Philipp Telemann, Simple Symphony de Benjamin Britten, Adagio de Samuel Barber, Trauermusik de Paul Hindemith, e Sinfonía Nº9 en Do menor "La Suisse" de Felix Mendelssohn. A programación completa da Concellería de Cultura pódese consultar en www.vigocultura.org.
Mais noticias
O alcalde avanza a saída en "aluguer moi accesible" de 35 pisos municipais en Navia
O alcalde anuncia a nova convocatoria das becas de inglés para Secundaria, que este ano suben ata as 290 prazas
O tenente de alcalde presenta o novo autobús turístico promocional de Vigo, que percorrerá 27 cidades ata maio
Xesus López anuncia que o Festival Isto Ferve reunirá do 4 ao 27 de marzo no Ensalle a catro compañías de longa traxectoria
Eloymar Tranvías fai entrega ao alcalde dunha sección da vía do antigo tranvía de Policarpo Sanz
Programa de actividades da exposición "Vigo S. XIX: o nacemento dunha cidade"
Charla sobre "A muller ante a crise"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003