Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 01 de marzo de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O alcalde anuncia a nova convocatoria das becas de inglés para Secundaria, que este ano suben ata as 290 prazas

Abel Caballero informou da aprobación das bases da adxudicación da Xunta de Goberno Local celebrada a pasada semana, que sufragará a estancia case un mes no Reino Unido a 250 estudantes de centros públicos de 4º da ESO e a outros 40 de concertados. O alcalde estima que a oferta municipal poderá cubrir a demanda nos colexios públicos de Vigo. Os beneficiarios deberán ter unha nota mínima dun 6 en inglés.




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes a nova convocatoria do programa municipal de becas de inglés para os estudantes de 4º da ESO dos colexios públicos e concertados de Vigo, que este ano aumentan ata as 290 prazas.

250 becas serán para escolares de centros públicos, co que o rexedor agarda -en base a experiencias anteriores- cubrir toda a demanda de solicitantes, sempre que cumpran co 6 de nota mínima en inglés que se lles require.

Os beneficiarios pasarán case un mes de estancia en verán nunha localidade do Reino Unido, estudando todas as materias lectivas en inglés, e con todos os gastos pagados polo Concello de Vigo.

O alcalde recordou que o goberno local tamén concede axudas para estudar no estranxeiro na Escola Oficial de Idiomas de Vigo, que este curso achegaranse ás 100 becas en total. Seguindo a porcentaxe da inscrición, o 75% das subvencións serán para estudantes de inglés e as restantes para outras linguas como francés, italiano ou incluso chino.

Abel Caballero celebrou a "gran acollida" que está a ter esta iniciativa ano tras ano -a de 2011 será a cuarta edición-, un de becas de inglés que iniciou e impulsa o goberno local deste a súa chegada.
Mais noticias
O alcalde avanza a saída en "aluguer moi accesible" de 35 pisos municipais en Navia
O tenente de alcalde presenta o novo autobús turístico promocional de Vigo, que percorrerá 27 cidades ata maio
Xesus López anuncia que o Festival Isto Ferve reunirá do 4 ao 27 de marzo no Ensalle a catro compañías de longa traxectoria
Eloymar Tranvías fai entrega ao alcalde dunha sección da vía do antigo tranvía de Policarpo Sanz
A Orquestra Vigo 430 actúa mañá mércores no Auditorio Municipal cun programa que inclúe obras de Mendelssohn e Britten
Programa de actividades da exposición "Vigo S. XIX: o nacemento dunha cidade"
Charla sobre "A muller ante a crise"


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003