Escoitar

A I Regata Casaldog de Catamaráns será retransmitida íntegramente por Internet

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e os organizadores presentaron este venres no Concello a primeira edición desta nova proba náutica, que terá lugar na Ría esta fin de semana cunha dobre vertente: deportiva e de exhibición. Deportistas olímpicos e primeiras figuras de España na modalidade daranse cita nun evento con 25 embarcacións, que nace co obxectivo de "facer chegar a regata ao cidadán" para consolidarse no futuro. Será a terceira proba do mundo que poderá ser seguida íntegramente vía web.

venres, 25 feb 2011
1298641249regata.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres cos organizadores a I Regata Casaldog de Catamaráns, que celébrase esta fin de semana co patrocinio municipal e será retransmitida íntegramente por Internet.

Os organizadores, Estévez e Caamaño, quenes tamén competirán esta fin de semana, apuntaron na presentación que a de Vigo será a terceira proba náutica do mundo que poderá ser seguida a través da rede, seguindo a iniciativa pioneira da Copa América de 2007.

O sábado e o domingo, a Ría de Vigo acollerá a 25 embarcacións con deportistas da talla de Jorge Maciel, representante da cidade en dúas olimpiadas, e Manolo García, bicampeón galego e subcampión de España.

O obxectivo desta primeira edición é "facer chegar a regata ao cidadán", polo que a proba conta cunha parte deportiva e outra costeira o sábado, para que poida ser seguida polos presentes ao longo de dúas horas polo seu percorrido: de Samil a Bouzas para virar no Náutico e retornar ao inicio. O domingo haberá outra máis técnica.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou a dificultade desta modalidade de navegación derivada da súa velocidade, que acadan os vinte nós, e -tras felicitar ao comité organizador- invitou a todos os vigueses e viguesas a achegarse á costa para seguir o espectáculo en directo.
Descargar todas as imaxes