Escoitar

Primeiras Xornadas Formativas de Educadores Vigozoo

O Departamento de Educación de Vigozoo abre o prazo de inscrición das "Primeiras Xornadas Formativas de Educadores", que terán lugar dende o 8 ao 11 de marzo, de 9 a 14 horas nas instalacións do parque zoolóxico.

xoves, 24 feb 2011
Ditas xornadas, serán libres e gratuítas, contarán cun prazas limitadas e consistirán nun conxunto de charlas e actividades prácticas impartidas polo propio persoal, destinadas a dar a coñecer as instalacións, a colección zoolóxica, o traballo diario e as actuacións educativas levadas a cabo en Vigozoo, xunto con nocións básicas en técnicas de educación, interpretación ambiental e primeiros auxilios.

O obxectivo destas xornadas é a de formar aos participantes para que poidan levar a cabo, nun futuro, as actividades educativas desenvolvidas no parque, minimizando o tempo de formación necesario e proporcionando as ferramentas de traballo básicas, de cara á vindeira convocatoria de bolsas de educadores do Departamento de Educación de Vigozoo.