Escoitar

O goberno local investiu 60.000 euros na remodelación integral do parque infantil de Martínez Garrido

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Distritos, Ángel Rivas, inauguraron o pasado sábado o novo parque infantil ubicado na confluencia das rúas Martínez Garrido e Portela, actuación na que o goberno local investíu 60.000 euros. O Concello instalou pavimento de seguridade, xogos individuais e múltiples e cartelería informativa.

luns, 21 feb 2011
1298296281portela.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou o pasado sábado a remodelación realizada no parque infantil de Martínez Garrido coa rúa Portela, unha reforma para a que o goberno local destinou 60.000 euros.

Xunto co concelleiro de Distritos, Ángel Rivas, o primeiro edil puido comprobar sobre o terreo as actuacións realizadas nun total de 620 metros cadrados de superficie, para a instalación de distintos pavimentos de seguridade a base de caucho e materiais sintecticos.

A reforma integral acometida no espazo infatil inclúe novos xogos de molles, estáticos e dinámicos, e xogos múltiples con tobogán, barras de bombeiros, redes e outros elementos. Ademais, a programación municipal para o parque contemplou cartelería informativa.
Descargar todas as imaxes