Escoitar

O alcalde insta ao Valedor do Pobo a investigar o reparto autonómico dos fondos para emprego

Abel Caballero enviará unha carta ao Valedor para que "proceda de oficio" e investigue a orde da Xunta de Galicia de reparto entre os municipios dos fondos para emprego, criterio polo que Vigo recibiría un máximo de 500.000 euros, a mesma cantidade que un municipio de 20.000 habitantes. En relación á poboación, dos 50 millóns que xestiona o goberno autonómico para cooperación municipal a Vigo lle corresponderían 5,5 millóns. "Os cidadáns de Vigo parece que non temos os mismos dereitos que o resto de cidadáns de Galicia", denuncia.

venres, 11 feb 2011
1297430157Imagen005.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitirá un escrito ao Valedor do Pobo para que "proceda de oficio" e investigue os criterios da Xunta de Galicia de reparto dos fondos de cooperación municipal para emprego que recibe do Goberno de España.

Segundo indicou Caballero, Galicia percibe 380 millóns de euros do Estado para emprego, dos que a Xunta destina 50 para cooperación cos municipios. Segundo a orde recentemente aprobada polo goberno autonómico, unha localidade de 20.000 habitantes podería percibir o mesmo que Vigo para creación de emprego, un máximo de 500.000 euros.

"Os cidadáns de Vigo parece que non temos os mismos dereitos que o resto de cidadáns de Galicia", indicou Caballero, polo que solicita da intervención do Valedor para que determine se o reparto responde a unha "distribución equitativa, razonable e xusta entre os diferentes cidadáns de Galicia".

Seguindo o criterio poboación ao que atende o Goberno de España para conceder os fondos entre as comunidades autónomas, dos 50 millóns que xestiona a Xunta para cooperación a Vigo lle corresponderían 5,5 millóns de euros. Neste sentido, Caballero demanda ao Valedor que investigue "se os cidadáns de Vigo teñen os mesmos dereitos que calquera outro cidadán de Galicia" na xeración de emprego.
Descargar todas as imaxes