Escoitar

O Auditorio Municipal acolle este fin de semana dúas funcións do espectáculo infantil "Ola, ola, la" da compañía Mamá Cabra

O Auditorio Municipal programa para este fin de semana dúas actuacións musicais gratuitas para público infantil, segundo informa a Concellería de Cultura. Trátase do espectáculo "Ola, ola, la", da compañía Mamá Cabra, que se representará mañá sábado e o domingo, 5 e 6 de febreiro, ás 18 horas. As entradas pódense recoller na taquilla do auditorio dende unha hora antes do comezo da actuación.

venres, 4 feb 2011
Esta obra está dirixida especialmente aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os tres e os oito anos, coa intención de que a lingua galega ocupe o seu tempo de lecer. Nesta campaña de promoción do galego, que se desenvolve co apoio da editorial Galaxia, o grupo Mamá Cabra estrea un novo concerto-espectáculo e un novo libro-disco-dvd. A programación completa do Auditorio Municipal pódese consultar na web www.vigocultura.org.