Escoitar

Educación edita as novas guías de centros públicos, concertados e privados para o próximo curso escolar

A concelleira de Educación, Laura López Atrio, presentou este venres as novas guías de centros públicos privados e concertados no Concello de Vigo para o curso escolar 2011/2012, que inclúen a información, servizos, equipamento, instalacións e actividades extraescolares dos colexios. A edil volveu reclamar á Xunta de Galicia que se sume á actuación municipal para mellorar os centros educativos vigueses.

venres, 4 feb 2011
1296826294laura.jpg
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, presentou este venres as novas guías de centros públicos, privados e concertados da cidade de Vigo para o vindeiro curso escolar 2011/2012.

Nesta guía pódese consultar toda a información significativa sobre os centros educativos, o seu contacto, horario, información sobre o colexio e os servizos, equipamento, instalacións e actividades extraescolares que ofrecen. As guías -a de centros públicos e a de privados e concertados por outro lado- inclúen imaxes do centro.

A concelleira indicou que os libros distribuiranse entre a cidadanía e enviaranse a aqueles lugares, como os centros cívicos municipais, onde "poidan estar interesados" en coñecer a información das guías.

Por outra banda, Atrio reiterou á Xunta de Galicia a súa "obriga" de acometer melloras "urxentes" en oito centros escolares de Vigo, sumándose así á actuación do goberno local que xa ten reformados varios comedores na cidade.

Segundo citou, o goberno autonómico ten pendente melloras nas canalizacións e carpinterías no Canicouva, un comedor e pavillón deportivo prometido no Pintor Laxeiro, ampliar o comedor do CEIP Balaídos e do Celso Emilio Ferreiro -onde tamén faltan arranxos no edificio-, construir un novo centro para o Vicente Risco e para o Altamar, e facer un novo comedor escolar para o Illas Cíes, onde a Xunta considere oportuno, xa que o importante é "que o fagan", explicou.

A edil socialista de Educación tamén referiuse a que os concelleiros do ramo da sete grandes cidades galegas -que reúnense mensualmente- aínda agardan resposta sobre a solicitude de unha entrevista cursada ao conselleiro de Educación autonómico en novembro, para abordar a modernización das infraestruturas educativas, o modelo de xestión das escolas infantís, a política de financiamento cos municipios e o papel destes na xestión dos centros locais de música e artes escénicas.
Descargar todas as imaxes