Escoitar
Cinco obradoiros literarios "Nós tamén escritoras"

Cinco obradoiros literarios "Nós tamén escritoras"

<br />

venres, 4 feb 2011
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo abre o prazo de inscrición para os Obradoiros de carácter gratuíto:

Cinco obradoiros literarios "Nós tamén escritoras"

Destinatarias: mulleres empadroadas en Vigo, con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade, que teñan a ilusión de principiarse como escritoras, ou saber como pensan as/os que escriben.
Obxectivos: Actividade formativa centrada na escrita literaria enfocada dende unha perspectiva lúdica e participativa. Dende o primeiro instante as participantes estarán creando textos literarios que serán publicados electronicamente ao remate da actividade. Todas as mulleres asistentes recibirán como agasallo dous volumes de obras escritas por mulleres do catálogo Galaxia.
Contidos:
Obradoiro de escrita creativa
A práctica do relato breve
Crear personaxes
Obradoiros de poesía
Período e horarios:
Realización dos 5 obradoiros de dúas sesións cada un:
Febreiro:mércores 16 e 23 de 18.00 a 20.00 h
Marzo: mércores 16 e 23 de 10.00 a 12.00 h
Abril: mércores 6 e 13 de 18.00 a 20.00 h
Setembro: mércores 14 e 21 de 10.00 a 12.00 h
Outubro: mércores 19 e 26 de 18.00 a 20.00 h
Inscricións: na concellería de Igualdade a través do Tlf. 986 810 284 ou persoalmente na 1ª planta do Concello de Vigo, por orde de inscrición e ata cubrir as prazas en cada un dos obradoiros
Número de prazas: 15 en cada obradoiro