Escoitar

O Plan Saúde incorpora a dúas cadelas maltratadas entrenadas para axudar a nenos con problemas

A concelleira de Medioambiente e Sanidade, a socialista Chus Lago, presentou este martes a Guida e Mami, dúas cadelas procedentes da Sociedade Protectora de Animais que se incorporan ao Plan Saúde para axudar ás terapias de nenos con problemas. As cadelas, maltratadas antes de chegar á Protectora, foron educadas cunha formación básica que continuará en Asturias cun programa específico para traballar, dentro de dous meses, cos nenos. Vigo pasa así a ser o primeiro concello con dous cans para terapia na súa unidade sanitaria municipal.

martes, 1 feb 2011
1296566633chus.jpg
A concelleira de Sanidade, Chus Lago, anunciou hoxe martes a incorporación de dúas cadelas ao programa sanitario municipal, o Plan Saúde, para axudar na terapia de nenos con problemas, sendo o primeiro concello que incorpora dous cans á súa unidade sanitaria.

En rolda de prensa, Lago explicou que Mami e Guida, como foron chamadas, chegaron á Sociedade Protectora de Animais tras ter sido maltratadas. Hoxe, tras unha educación, socialización e formación básica iniciada en setembro, están preparadas para a formación específica en Asturias para traballar con pequenos con discapacidade intelectual, con hiperactividade ou con necesidades persistentes de apoio en algunha ou todas as áreas de habilidades de adaptación.

A formación específica en Asturias irá acompañada de prácticas en distintas asociacións para, dentro de dous meses, comezar a apoiar aos nenos en terapia -sempre con terapeutas especializados- por déficit de atención con hiperactividade, trastornos do estado de ánimo, autismo e deficiencias sensoriais, entre outras. As cadelas serán acollidas por unha familia, xa que precisan dun entorno familiar, sempre e cando esta comprométase a manter a educación recibida e a compatibilizalo co seu traballo nas asociacións.

A Concellería de Sanidade subvenciona tanto a alimentación como a asistencia veterinaria das dúas cadelas durante un ano e non desbota, segundo apuntou Chus Lago, a posibilidade de incrementar o número de animais ao Plan Saúde municipal. O responsable do centro Ramalladas, Juan Freire, indicou que a terapia cos nenos se basea no xogo y adiantou que numerosas asociacións xa amosaron o seu interese en participar neste programa do Concello de Vigo, pioneiro a nivel local.

Na súa participación con asociacións no Plan Saúde vigués, as cadelas realizarán tarfas como a cohesión de grupo, favorecer a comunicación social e a expresión de emocións, estimular a capacidade relacional, disminuir as conductas disruptivas, evitar o aillamento social e favorecer a toma de decisións.

Chus Lago explicou que o obxectivo do goberno local con esta medida é levar aos animais "da Protectora á rúa", reinsertalos na sociedade. "A idea é continuar con outros animais", adiantou a edil socialista.
Descargar todas as imaxes