Escoitar

Videos gañadores do concurso "Non o ignores"

No Canal de Igualdade de Vigo pódese ver os tres videos premiados no certame de microvídeo "Non o ignores, non xustifiques, non escondas" que organizou o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade.

martes, 1 feb 2011
O concurso que se convocou con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero do pasado mes de novembro, tiña como obxectivo concienciar a toda a sociedade acerca da violencia machista e fomentar unha maior implicación social para que non se esconda, non se escuse e non se ignore a violencia de xénero.

Os tres gañadores elexironse dun total de 13 traballos presentados. O microvídeo gañador foi para Sergio Puga Sierra co traballo "Non o escondas". O primeiro accésit recaeu en David Barros Alfaro con "Mulleres na Histroia" e o segundo accésit foi para Alberte Mera García polo traballo titulado "Malas Verbas".

O concurso dotado con 1 premio e dous accésit. O premio para o microvídeo gañador consistíu nun bono por importe de 500 € para a adquisición de material e/ou dispositivos de informática, imaxe e/ou son, para trocar en establecementos comerciais indicados pola concellería. Os dous accésit dotados cun bono por importe de 250 € cada ún, para a adquisición de material e/ou dispositivos de informática, imaxe e/ou son, para trocar en establecementos comerciais indicados pola organización.