Escoitar

Educación programa 30 visitas didácticas en inglés da actividade "Coñezamos a cidade/get to know your town"

No marco do programa educativo municipal "VIGO ACTIVITIES 2010-2011" está previsto que nestos catro itinerarios: Castro, Casco Vello, Vigozoo e Zona Marítima, dinamizados por persoal nativo e especialmente pensadas para o seu uso didáctivo, participen preto de 1200 escolares de 2º e 3º ciclo de primaria de 32 centros de ensino da nosa cidade.

luns, 31 xan 2011
1296479688ju.jpg
O Servizo de Educación do Concello de Vigo organiza no marco do Programa Educativo Municipal "AULAS INTERNACIONAIS", unha nova edición da iniciativa didáctica "VIGO ACTIVITIES 2010-2011" coa finalidade de ofertar á comunidade educativa distintas propostas de actividades que tentan contribuir á mellora da competencia en lingua inglesa.

Esta iniciativa didáctica desenvolverá entre xaneiro e maio, en horario lectivo escolar de 10:00 a 12:00 hs, a actividade "COÑEZAMOS A CIDADE / GET TO KNOW YOUR TOWN", a través da dinamización de 30 visitas didácticas aos seguintes centros de interese: Castro, Casco Vello, Vigozoo, e Zona Marítima, onde o equipo pedagóxico integrado por catro persoas nativas que guiará o itinerario didáctico, fomentará a práctica da lingua inglesa fóra da aula, coa finalidade de que sexa integrada polo alumnado en situacións de comunicación real, e para reforzar a compresión auditiva e expresión oral dos escolares. Esta actividade dinamizada por persoal nativo e bilingüe da empresa especializada "Schoolhouse", pretende propiciar un contacto gratificante coa lingua inglesa e a creación dun verdadeiro contexto de inmersión linguística, na procura de mellorar os hábitos e técnicas de comunicación oral, ademais de facilitar a labor do profesorado por supor un factor extra de motivación no alumnado para a aprendizaxe desta lingua.

Para traballar previamente na aula, cóntase cun elaborado material didáctico motivacional interdisciplinar (coñecemento do medio, lingua estranxeira, historia, música ...) que serve ao profesorado e alumnado para tirar o máximo rendemento educativo desta iniciativa.

Coa implementación de "Vigo Activities 2010-2011", a Concellería de Educación continúa as actividades dirixidas a fomentar a capacitación óptima e satisfactoria do alumnado en lingoa inglesa que propicie situacións de comunicación lúdicas próximas á realidade do alumnado.

Ata este intre desenvolveronse no marco desta iniciativa didáctica as seguintes actividades nas que teñen participado máis de 5.000 escolares : 30 sesións da obra teatral en inglés "Midnight Madness" da cal disfrutaron 2285 escolares de 4º a 6º de primaria de 29 centros de ensino; 50 sesións da actividade de encontro con nativos "Tell me about your Country" da cal disfrutaron 1059 escolares de 3º a 6º de primaria de 28 centros de ensino, 6 funcións de teatro en inglés para escolares das obras "Snowgirl" e "Gulliver in Liliput" ás que asistiron 1800 escolares de 1º a 6º de primaria de 31 centros de ensino da cidade.
Descargar todas as imaxes